Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Theory of Industrial Relations
   Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Objective test
Oral presentation
Case study
Student portfolio
Document analysis
Directed discussion
Description
A actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo dos contidos desta materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nas titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual) e ten especial utilidade para o alumnado con dispensa de asistencia ou matrícula parcial.

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno un titor desde primeiro curso ata que finaliza os estudos universitarios de grao, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal naqueles momentos nos que debe tomar decisións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes