Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Teoría das Relacións Laborais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A11 A12 A13 A14 A31 B1 B2 B8 A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. 40
Proba obxectiva A3 A27 Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes 60
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia.

2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe.

3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final.

4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.

5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma
Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. Asimesmo lémbrase
ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo que só podrán
valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su caso, conten
coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).

 III. PROBA DE CONXUNTO

1. Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa.

2. Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10.

3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a
realización dunha proba obxectiva que podrá valorar tanto os  coñecementos
 teóricos como prácticos dos alumnos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes