Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Sindical I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A13 A14 B12 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
10
Discusión dirixida B4 B6 B13 C7 Discusión dirigida Discusió e dasanrolo de temas del progrma y actuales de las relacions colectivas 4
Estudo de casos A20 A27 A30 A31 B1 B5 B8 B9 B15 Estudo , resolución e defensa de casos concretos sobre os temas do programa. 5
Presentación oral A13 B2 B3 B20 B21 C3 Metodoloxía onde o alumno enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 2
Proba obxectiva A1 A33 B14 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
70
Sesión maxistral A1 C8 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
6
Seminario A14 B6 C4 C8 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. 3
 
Observacións avaliación

A materia poderá superarse mediante avaliación continua, para a que o alumno deberá asistir e participar na clase nunha porcentaxe do 90%, sen que se computarán como faltas as faltas xustificadas.

Os alumnos que teñan recoñecido dedicación a tempo parcial desta materia, (sempre que devandito recoñecemento sexa oficial) terán a posibilidade de superar a mesma a través dun exame teórico práctico que levará a cabo nas datas establecidas oficialmente pola Facultade. 


En canto á segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primeira convocatoria para todos los alumnos. 
Todo iso sobre unha calificación de 9.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, se incorporará a  perspectiva de sexo nesta materia.Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e razoarase para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.Se detectarán situacións de discriminación por razón de sexo e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Se recomienda al alunnado que no utilice papel en la presentacion de trabajos y que estos se preseten on line a través de la plataforma moodle. 
Informase que  a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia, na convocatoria correspondiente, invalidando así cualquier cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.   
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes