Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Sindical II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
60
Portafolios do alumno A1 A14 A31 A35 B1 B5 A efectos de avaliación o portafolios do alumno comprende todas as prácticas , traballos e tarefas realizados polo alumno durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do
traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao
traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a
realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da
aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en
conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e
inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado
obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe.
Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a
través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación
final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da
realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o
esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.
Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo
que só podrán valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su
caso, conten coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso
comunicalo con antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que
impida a asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas
dentro do prazo asignado).

 III. PROBA DE CONXUNTO 1. Contémplase a opción de
presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non
permitisen a realización dos traballos relacionados no programa. 2. Esta proba
estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha
cualificación de 10. 3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos
polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación
suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100%
da nota obterase mediante a realización dunha proba obxectiva que podrá valorar
tanto os  coñecementos  teóricos como prácticos dos alumnos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes