Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dirección e Xestión de RRHH I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B10 B12 examen teorico 100
Estudo de casos B4 B5 B8 B9 B13 B14 B15 B16 0
Presentación oral B7 B8 B9 C1 C8 0
Seminario A4 A15 A21 B7 0
Saídas de campo A21 A23 A26 0
 
Observacións avaliación
As presentación oráis, seminario, saídas de campo e estudo de casos, son modos de traballar necesarios para aprender a materia. Cada unha de elas será avaliada, mais non puntuada.
Para poder presentarse ao examen final é preciso ter entregados os traballos parciais que se van entregando ao longo do cuatrimestre, que deberán ser aptos como requisito de presentación ao examen. Este requisito é imprescindible para as convocatorias de Maio e de Xullo, tanto para os alumnos asistentes ao curso como para aqueles con exceptión de asistencia por causas xustificadas; pois a exención é de asistencia, non de entrega de traballos que é o medio polo cal aprendemos.
As exencións habituáis de asistencia deben estar formalmente probadas con contrato de traballo ou similar xustificante. Os traballos son sempre en grupos pequenos.

REDUCCIÓN DE PUNTUACIÓN NA AVALIACION:
Indicadores da competencia HONESTIDADE:Copiar nun examen; ademáis do suspenso inmediato en esa convocatoria, penaliza reducindo- 3 puntos a nota na seguinte convocatoria.
-2 puntos aos alumnos que asistan ao examen con chuletas;entregen traballos de outros anos ou que non foran realizados por eles: non orixinais, baixados de internet, etc.
-2 puntos en caso de non asistencia superior ao 20% sen motivo xustificado.Para non ter esta penalización debe presentarse xustificante oficial a principio de curso: contrato de traballo, etc.
-3 puntos aos alumnos que intenten influir na decisión da avaliación da profesora a fin de aumentar a sua nota mediante enchufes, ou tendo ventaxa con respecto ao resto da clase. Ben sexa de modo persoal o a través de terceiras persoas que o pidan por eles. En este aspecto non haberá diferencia entre que o alumno esté ou non informado; ou teña intentado pedir un criterio favorable para eles. Se sobreentenderá sempre que o alumno está informado de ese intento de persuasión tendente a romper a ecuanimidade do profesor nas valoracións. Esta actitude será penalizada restando 3 puntos en esa convocatoria;e tamén na seguinte.
-1 punto en caso de falta de respeto ao profesor ou compañeiros da clase: Insultos, amenazas ou comportamentos contrarios á ética no trato persoal.
+ 1 punto pola avaliación de traballos expostos polos compañeiros de acordó ao aprendido previamente. En cada exposición pública dun traballo de grupo, calquera alumno, agás o grupo que expón, poderá facer comentarios ou preguntas sobre o traballo exposto. As criticas han de ser sempre constructivas, adecuadas e razoadas según os coñecementos dos que se dispón no momento. Han de estar orientadas pola colaboración e o espíritu de axudar aos compañeiros a desenvolver un mellor traballo en ocasións posteriores. Só as avaliacións que conten con calidade dabondo obterán puntuación, non sendo puntuable calquera tipo de intervención, tipo "a min gustóume o traballo". Ha de tratarse dunha avaliación seria e razoada, indicando as posibles melloras, especialmente técnicas. A puntuación adicional, que se engadirá directamente á nota do examen poderá ser individual ou grupal, quedando o seu número restrinxido ás 3 millores avaliacións.
Non é posible obter mais de dous puntos por persoa e cuatrimestre. Á máxima puntuación é de 1 punto por convocatoria de exposición. É dicir, non é posible obter 2 ou 3 puntos nunha mesma convocatoria. Para obter o máximo de 2 puntos adicionais por persoa e cuatrimestre, estes deben provir da exposición das dúas convocatorias de presentación que existen en cada cuatrimestre.

É imprescindible ter entregados e presentados os traballos prácticos para poder asistir ao examen (en ambalas dúas convocatorias) que deben estar avaliados como aptos antes do examen, caso contrario habería que repetilos ata acadar o nivel mínimo requerido nunha segunda entrega. Ao non formar parte da calificación final, sino que son requisitos previos a esta, só contarán coa definición de Aptos ou non Aptos. A non aptitude das entregas implica a renuncia á presentación ao exame. A metodoloxía do curso inclue tutorías e seguimento de cada grupo e os seus traballos os longo do curso, o que facilita a sua idoneidade para pasar o trámite de aptitude para ser avaliado. No caso de alumnos non presenciais por motivo xustificado este seguimento non pode ser seguido coa mesma regularidade que cos alumnos asistentes. En ese caso se contará con tutorías especiais para os alumnos asistentes que terá una periodicidade mensual e se fará fora do horario normal de tutoría a fin de que estes alumnos non asistentes podan acudir ás tutorías específicamente deseñadas para eles. O horario das mesmas será acordado co grupo de alumnos exentos de asistencia por causa xustificada en canto se formen os grupos de traballo. Aproximadamente a mediados ou finais de outubro.
No caso de que algún dos grupos tivese a parte práctica avaliada como non Apta para presentarse a examen, o grupo deberá efectuar as correccións feitas pola profesora e volver a entregar o traballo correxido nun segundo prazo pre-determinado e, en todo caso, anterior á data do examen oficial.
NORMA ADICIONAL: O uso de móviles está completamente prohibido tanto no examen como durante a clase.  O seu uso tamén será penalizado con -1 punto (ex. chatear na clase) Asistir á clase implica facelo corporal e mentalmente. Nas clases prácticas sí poderán usarse dispositivos móviles, tablests, Pc, etc a fin de realizar as consultas necesarias para os traballos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes