Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Socioloxía do Traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A11 A32 A33 B1 B2 B8 C1 O examen oral ou escrito supondrá un 70% da nota final para os alumnos que realicen os traballos que se propoñan durante o curso. En todo caso para superar a asignatura é preciso ter aprobado o exame. A presentación de algún dos traballos plaxiado será motivo de suspenso da asignatura.

Os alumnos que non realicen os traballos durante o curso deberán facer un examen na data sinalada (tanto na oportunidade de xaneiro como na de xulio), consistente en preguntas de resposta media/longa sobre a materia vista en clase, así como sobre as lecturas recomendadas ó longo do curso.
70
Traballos tutelados B1 B3 B6 B8 B14 Os traballos basados nas lecturas e comentarios, e na búsqueda e análisis de datos, supondrán un 30% da nota final. Estos traballos se farán dentro ou fora da aula, haberá que facelos ou entregalos cunha periodicidade semanal.

30
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os
mesmos
: a proba obxectiva valerá o 70% da nota final e os traballos de clase
feitos ao longo do curso o 30% restante.

Para
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
, existen dúas opcións:

1ª a
realización do exame final, sobre a materia vista en clase, así como sobre as
lecturas recomendadas ao longo do curso;

2ª ou
facer os traballos de clase semanalmente (o que nos apartados de metodoloxías
aparece nomeado como "traballos tutelados" e "discusión
dirixida") traballos que se irán indicando na plataforma do campus virtual/
Moodle, e deberán ser entregados (persoalmente ou por correo electrónico) nas
mesmas datas que o alumnado asistente a clase. Pero en todo caso no exame final
deberá responderse a algunhas preguntas relacionadas con estes traballos
semanales.

Na segunda oportunidade, en xulio, o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial terá a primeira das opcións (a realización do exame
final sobre a materia vista en clase, así como sobre as lecturas recomendadas
ao longo do curso).

Implicacións de plaxio: A realización fraudulenta dos traballos de clase ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquer cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes