Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Estatística Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B5 B12 B13 B14 C1 C7 C8 Correspóndese co exame final da primeira e segunda oportunidades da convocatoria ordinaria. Avalían o contido de toda a materia. Na primeira oportunidade, o profesor pode plantexar a posibilidade de que os alumnos que asistan a clase fagan esta proba mediante exames parciais non eliminatorios. Estes exames parciais realízanse ao longo do período lectivo na programación das clases.
-O alumnado que supere o curso polos exames parciais non terá que presentarse ao exame final da primeira oportunidade. Se se presenta, a nota que obteña substitue á obtida por parciais, aínda que sexa inferior.
-O alumnado que non aprobe o curso a través dos exames parciais terán que presentarse ao exame final na primeira ou segunda oportunidade para aprobar a asignatura.
Para a realización das probas mixtas, o profesor pode solicitar o cumprimento dalgunha condición.
70
Proba oral A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Forma parte do módulo de avaliación continua, que non se pode recuperar nos exames finais da primeira ou segunda oportunidade.
As probas teñen por obxetivo avaliar a participación en clase do alumnado.
As modalidades de proba oral establécense segundo os criterios do profesor: pode evaluarse a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición na clase de exercicios prácticos (individuais ou en grupo) ou outro tipo de proba desenvolvida para este fin.
5
Proba de ensaio A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Forma parte do módulo de avaliación continua, que non se pode recuperar nos exames finais da primeira ou segunda oportunidade.
Consiste en realizar probas de tipo examen, exercicios ou traballos. As tarefas poden ser individuais ou en grupo, e poden requirir o uso das ferramentas TIC empregadas durante o curso. A avaliación das tarefas por parte do profesor faise en horario de clase, e pode ser oral ou escrita.
25
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas
de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.

Cada alumno/a deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

As probas de avaliación da materia realizaranse únicamente nas datas
previstas, salvo causa excepcional sometida ó criterio do/a profesor/a.

TIPOS DE CALIFICACIÓN

Serán
cualificados con "Non presentado/a" únicamente os/as alumnos/as que se
presentaran a probas de avaliación que supoñan en conxunto menos do 20%
da nota total.

Os/as alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia a clase serán avaliados cos mesmos criterios que os/as de tempo completo.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

A
asignatura considerarase aprobada cando a nota total da asignatura sexa
de a lo menos 5 puntos sobre 10, e se superase a nota mínima das probas
mixtas.

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.

Segunda oportunidade: poderase recuperar o 70% da nota total correspondente á proba mixta. Os/as alumnos/as que aproben a asignatura na primeira oportunidade, non poderán presentarse á segunda oportunidade.

Convocatoria anticipada: as
condicións de avaliación son específicas
para esta oportunidade, que será avaliada por medio dunha única proba
mixta que suporá un 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes