Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consiste na explicación do temario da materia durante a aula. É preciso a asistencia ás clases para ter un seguimento continuo das tarefas encomendadas.
Lecturas Os temas abordados nas sesións expositivas serán complementados cuns textos de lectura obrigatoria para os e as estudiantes.
Análise de fontes documentais As fontes de información son básicamente documentais, tipo informes, estatísticas, artigos, bibliografía, etc. Resulta necesario o seu manexo para coñecer o ámbito de estudo, así como para construir o marco teórico do traballo a realizar
Aprendizaxe colaborativa A metodoloxía docente sobre a que se basa a materia pretende desenvolver a aprendizaxe colaborativa, xa que se evidencia -a través do que se coñece como intelixencia social-como mellor que o autónomo
Obradoiro A materia, os seus contidos e a súa aplicación práctica artéllase mediante un obradoiro, de maneira que a aula sexa un lugar de traballo, tratando así de experimentar e acostumbrar ao alumnado á mecánica e xeito de facer na vida laboral, tanto en canto a presencia, horarios, reparto de tarefas, cronogramas, responsabilidade, resultado final, etc.
Traballos tutelados Ben sexa indivual ou colectivamente, o traballo final exisido na materia debe ir cumprindo unha serie de etapas e contidos. Todo elo conleva a necesaria titorización de dito traballo, tanto para resolver calquer tipo de dúbida como para ter unha supervisión axeitada do mesmo.
Investigación (Proxecto de investigación) O traballo final da materia consiste na realización dun anteproxecto de investigación, enfocado nunha temática en concreto e desenvolvendo todos os seus apartadados.
Presentación oral Outra faceta a desenvolver dentro da planificación da materia é que o alumnado se acostume a falar en público e, máis concretamente, a presentar os informes técnicos resultantes do seu traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes