Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas B3 B4 C3 Será necesario para superar a parte práctica e teórica da materia a leitura previa de textos recomendados pola profesora responsable. A profesora poderá destinar unha serie de leituras ou un libro para a súa reseña por parte do alumnado. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A25 A31 A35 B1 B15 C8 Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao. A extensión será dunhas 10-15 páxs. 50
Proba obxectiva B9 C1 Exame final dos contidos teóricos da materia, tanto os tratados nas sesións expositivas como os complementados polos-as estudiantes ca lectura dos textos obrigatorios establecidos para cada tema. 40
 
Observacións avaliación

É precisa a superación do exame cunha nota mínima de 5 puntos sobre 10 para poder ter en consideración a cualificación obtida no anteproxecto de investigación. 

Aqueles/-as estudantes que non asistan regularmente ás clases, é dicir, que faltan a máis dun 20% das clases, terán a posibilidade de presentarse ao exame oficial final da materia. O exame para alumnado non presencial será distinto da proba obxetiva para alunado presencial, debido a que é a única proba de avaliación á que poden presentarse. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes