Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Social Research Techniques
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. 30
Supervised projects A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
Research (Research project) A25 A31 A35 B1 B15 C8 Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao.
O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos do emprego e os recursos humanos.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Oral presentation A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C1 C3 Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. 10
 
Assessment comments

Esta materia está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A non asistencia ao 80% de las clases supón automáticamente que non se pode avaliar mediante este proceso e metodoloxía de claro carácter continuo, pasando por tanto a opción da avaliación mediante a proba ou probas obxectivas contempladas no calendario académico correspondente. Nos casos de realización de prácticas ou outras causas debidamente xustificadas, a porcentaxe necesaria de asistencia para poder ser avaliado mediante o sistema exposto nesta guía docente poderá ser do 60%, sempre e cando se acorde co profesor un seguimiento ou calquer outra forma para suplir as ausencias.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico; sendo a asistencia, o interese, a participación, as valoracións propia e dos demáis compeñeiros e a exposición oral pública os outros pilares para a avaliación da asignatura.

O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Se ben se postula como fórmula ou indicación preferente a realización do traballo de maneira colectiva, en formato obradoiro e nas horas lectivas.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que, ademáis dos contidos teóricos explicitados nesta guía e con base na bibliografía tamén exposta, se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Básicamente, e para dicilo dun xeito sinxelo, trátase de ensinar e aprender esta materia cun plantexamento parecido ou imitando aos lugares de traballo sociolóxico, de maneira que o alumnado desenvolva capacidades de autoxestión e se familiarice con estos procesos, de cara a súa mellor integración e desenvolvemento no mercado laboral. De aí tamén que a figura do profesor se centre máis na orientación, guía, supervisión, corrección e estímulo durante as xornadas de traballo en clase.


Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes