Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Contabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A13 A18 B1 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O estudante que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva A10 A18 A31 B1 B2 B3 B4 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Obradoiro A6 A10 A13 A14 A19 A25 A35 B1 B6 B9 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. 50
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe
de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante
no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

 a) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo
profesorado da materia para a súa discusión na aula
. Valórase,
tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación
previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte
ao dos seus compañeiros. Por esta vía o estudante pode compensar con ata 1
punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba
de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación
(6 puntos).

 b) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia.

Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio
da cada sesión destinada a discutir os casos prácticos, o docente presentará aos estudantes un
pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada
estudante deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes
exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos
aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá
o 40% de cualificación final. 

 c)
Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesorado da materia, un caso
práctico para ser presentado na aula
na data marcada polo
profesorado da materia. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o
rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración
deste caso práctico representará o 10% da cualificación final.

 

Avaliación da oportunidade
de xullo.

Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na
avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.



Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas
as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba
mixta representará o 100% da cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes