Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Accounting
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A31 B1 B4 B8 C3 Durante as sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará ao alumnado un pequeno exercicio ou pregunta, baseado nas tarefas propostas para realizar fora da aula ou nas discusións mantidas durante a sesión, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente seis desas probas para seren avaliadas. 60
Oral presentation A13 B2 B8 B9 C1 Pedirase aos estudantes que presenten un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta a defensa nas sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e alumnado. 20
Multiple-choice questions A13 A18 B1 Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. 20
 
Assessment comments

A
metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao
alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar
a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante
pídeselle que:

a) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo docente. Recoméndase
o traballo en equipo para discutir as posibles solucións. 

b) Prepare,
en grupo e seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico de
análise de estados financeiros para ser presentado na data marcada polo docente
da materia. 

c) Participe
activamente nas discusións promovidas nas sesións e no foro virtual.
Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na
aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total
obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que
corresponde a esta avaliación (8 puntos). Deste xeito, o estudante que, por
calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua
(probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado cun cero
nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa
súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas
probas de resposta múltiple, seis probas prácticas e participación) elixiranse
os oito que presenten as maiores cualificacións. 

Alumnos que
se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial.
 

Seguindo as
indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao
docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de
avaliación coas seguintes particularidades:

  • Probas
    escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta
    múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser
    defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e
    prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia.
    O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas
    respostas.
  • Caso
    práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu
    desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta a defensa nas
    sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral
    e a resposta ás preguntas formuladas.
  • Acordarase
    ao inicio do curso un calendario específico compatible co plan de traballo da
    materia e coa súa dedicación.

Cualificación
de non presentado.

Aplicará
cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
nota acadada. 

Avaliación
da segunda oportunidade.

Seguirá o mesmo sistema
de avaliación que a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • Probas
    escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta
    múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser
    defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e
    prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia.
    O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas
    respostas.
  • Caso
    práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu
    desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega
    e resolución, a presentación e a resposta ás preguntas formuladas.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá
    lugar na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da
    avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe
concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio
do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as
empresas para resolver o caso práctico de análise de estados financeiros.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións
de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación
da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:


  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá
    lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de
    avaliación adiantada.

Condicións de realización dos
exames

Está prohibido acceder á aula de exame con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o
almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes