Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Contabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A31 B1 B4 B8 C3 Durante as sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará ao alumnado un pequeno exercicio ou pregunta, baseado nas tarefas propostas para realizar fora da aula ou nas discusións mantidas durante a sesión, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente seis desas probas para seren avaliadas. 60
Presentación oral A13 B2 B8 B9 C1 Pedirase aos estudantes que presenten un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta a defensa nas sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e alumnado. 20
Proba de resposta múltiple A13 A18 B1 Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. 20
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo docente. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posibles solucións. 

b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na data marcada polo docente da materia. 

c) Participe activamente nas discusións promovidas nas sesións e no foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (8 puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua (probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado cun cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas probas de resposta múltiple, seis probas prácticas e participación) elixiranse os oito que presenten as maiores cualificacións. 

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación coas seguintes particularidades:

  • Probas escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.
  • Caso práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta a defensa nas sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral e a resposta ás preguntas formuladas.
  • Acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade.

Seguirá o mesmo sistema de avaliación que a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • Probas escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.
  • Caso práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación e a resposta ás preguntas formuladas.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá lugar na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as empresas para resolver o caso práctico de análise de estados financeiros.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:

  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de
    avaliación adiantada.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes