Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Administrative Law
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A13 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 B15 B16 C3 C6 C7 C8 A colaboración nos grupos de traballo é fundamental da mesma maneira que a participación e o interese amosado por cada alumno, o que se valorará de xeito individual. Ademais, valorarase:
- A capacidade para organizar e planificar o traballo.
- A interrelación entre os membros do traballo en grupo.
- A capacidade para liderar ou coordinar os membros do grupo de traballo.
- A capacidade para respectar as opinións xurídicas dos compañeiros, e intentar acadar unha resposta común a un problema xurídico.
10
Case study A13 A30 A31 A35 B1 B2 B4 B8 B9 B13 B14 B15 C3 C4 C6 C7 As valoracións dependerán do grado de comprensión-expresión dos alumnos na resolución dos casos propostos 15
ICT practicals A31 B2 B4 B14 C3 Valorarase:
- O manexo adecuado das bases de datos xurídicas.
- Saber manexar os recursos tecnolóxicos que as Administracións Públicas poñen a dispor do cidadán.
- Saber discriminar a información obtida a través das TIC para a resolución dos casos.
10
Oral presentation A13 A20 A30 B2 B5 B7 C1 Valorarase:
- A expresión oral do alumno.
- A capacidade de síntese do traballo efectuado e a súa comunicación oral.
- O dominio da linguaxe técnica na súa expresión oral.
10
Objective test A13 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B15 C3 C5 C6 C7 C8 Valorarase:
- O coñecemento das cuestións plantexadas polo docente na proba final da materia.
- A claridade expositiva dos coñecementos.
- A capacidade de síntese e o dominio dos contidos da materia.
50
Guest lecture / keynote speech A13 B2 B6 B7 B8 B12 B14 C7 C8 Valorarase:
- A asistencia con aproveitamento as sesións maxistrais, fundamentalmente a participación do alumno nas cuestión que se plantexen o longo das mesmas.
5
 
Assessment comments

A avaliación do alumno, tal e como se desprende das metodoloxías empregadas estructurase en dous grandes bloques:


1 - A actividade continuada do alumno no aula, que abrangue a resolución de casos individuais e en grupo, utilizando para iso os textos xurídicos e as bases de datos e lecturas de referencia. Todo isto ademáis da participación activa do alumno nas discusións dirixidas que o docente propoña en atención os temas de estudo, e a aprendizaxe inicial do léxico e os conceptos xurídicos precisos. Para todo isto, a asistencia con aproveitamento resulta esencial. A avaliación en conxunto destas actividades supón un 40% da calificación total da materia.


2 - A realización dunha proba obxectiva final, na que se valorarán os coñecementos adquiridos polo alumno, así como a súa presentación oral. A avaliación en conxunto destas actividades supón un 60% da calificación total da materia.


En calquera caso, É IMPRESCINDIBLE APROBAR A PROBA OBXECTIVA FINAL da materia PARA poder SUPERAR A ASIGNATURA.


A aqueles alumnos que non superasen a materia na primeira das convocatorias (xuño), manteráselle a porcentaxe da calificación obtida nos restantes apartados avaliables (excluindo, por tanto, a nota da proba obxectiva) para o cálculo da nota final na convocatoria de xullo.


No suposto daqueles alumnos que "

teñan recoñecido o réxime de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" nos termos previstos na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC" e nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario", a avaliación (tanto no mes de xuño, como no mes de xullo) consistirá na realización dunha proba obxectiva do coñecemento da materia incluida no programa da asignatura, que terá un valor do 100% da cualificación final da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes