Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Contidos
Temas Subtemas
Oferta de temas dos TFG e asignación de direccións 1. Os temas ou as liñas dos TFG e os directores correspondentes proporanse de xeito razoado. Tal proposta será remitida á dirección do centro desde os departamentos a que este lles fixer o encargo dos TFG. Os estudantes poderán propoñerlles aos departamentos temas ou liñas para que sexan incorporados na súa oferta.
2. A COA aprobará e fará pública unha listaxe cos temas así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación. A devandita listaxe garantirá un número de direccións suficiente para a totalidade dos estudantes matriculados no TFG.
3. Unha vez finalizados os pasos anteriores, o estudantado, no prazo establecido e co modelo do anexo I, solicitará a asignación por orde de preferencia dun número de mínimo de tres temas ou liñas.
A comisión preparará unha proposta de asignación provisional, en que intentará respectar as opcións manifestadas polo estudantado e o profesorado implicado, baixo o principio de igualdade, mérito e capacidade. Para dirimir as prioridades na elección de tema ou titor/a valorarase como criterio o expediente académico.
4. Coa publicación da proposta provisional establecerase un período de reclamacións. Resoltas estas, a COA publicará unha listaxe definitiva. Calquera modificación posterior terá que efectuarse de común acordo entre o alumnado e o profesorado afectado, e en calquera caso sempre que a comisión o autorizar e publicar.
5. Unha vez publicada a listaxe definitiva, o/a estudante e o/os directores cubrirán o anexo II.
6. O TFG do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos está asignado no plan de estudos ao segundo cuadrimestre. Se o alumnado realizase a matrícula no período ordinario, o prazo límite para lle remitir ao centro os temas e directores que se indican na epígrafe 1, é o 30 de setembro. O prazo límite para publicar a listaxe da epígrafe 2 é o 30 de outubro.
O procedemento completo deberá estar rematado antes do 30 de novembro.
Se o alumnado se matricula no período de ampliación da matrícula, no mes de febreiro, os procedementos establecidos nas epígrafes 1, 2 e 3 deberán estar finalizados antes do 30 de marzo.
Sempre e cando o centro o estimar oportuno en función da súa organización docente, aínda que o TFG estea asignado ao segundo cuadrimestre, se a superación deste traballo supón o remate dos estudos, o alumnado poderá defendelo no período establecido para a primeira oportunidade do primeiro cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo. Para isto o alumnado deberá facer a correspondente solicitude, avalada polo/a director/a, ante a COA que será quen resolverá.
Neste caso os procedementos establecidos nas epígrafes 1, 2 e 3 deberán estar rematados antes do 15 de outubro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes