Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Resumo
Descrición
O TFG será dirixido por un membro do profesorado dos departamentos con docencia no plan de estudos do título de grao.

Tal profesor/a será responsable de:
a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG.

O TFG poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado pertencente aos departamentos que imparten docencia no título de grao en que estiver matriculado o/a estudante.

Por outra parte, se no marco dun convenio de prácticas o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade noutro organismo distinto á UDC, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes