Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A29 B21 C1 C3 Ver observacións avaliación. 6.3, 6.4 y 6.5. 20
Resumo A29 A31 A32 A33 A34 A35 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ver observacións avaliación 6.1. 60
Discusión dirixida B18 B19 B21 B22 C1 C4 C6 C7 C8 Ver observacións avaliación. 6.5. 20
 
Observacións avaliación


5. Tribunais de avaliación


5.1. Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que establecer a COA, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFG que se presentaren.


5.2. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e os correspondentes suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado do centro que imparte o título de grao. O/a director/a do TFG non poderá formar parte do tribunal.


5.3. Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretaria. Utilizaranse como criterios a categoría docente e a antigüidade para nomear o/a presidente/a e o/a secretaria/o, que exercerán como tales en todas as actuacións do tribunal.


5.4. Unha vez constituídos os tribunais de avaliación, estes, de acordo co centro, establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de seren varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFG.


Realizarase a adecuada comunicación destes datos a todo o estudantado e profesorado afectado.


 


6. Presentación e defensa dos TFG


6.1. O TFG terá unha extensión entre 20 e 40 páxinas (sen anexos). O tipo de letra será Times New Roman, tamaño 12 puntos, con un interliñado de 1,5. Márxenes: superior, inferior e dereito 2,5 cm; esquerdo: 3 cm. O TFG terá unha Portada coas características presentadas no anexo III.


6.2. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFG, segundo o procedemento establecido pola Universidade, no prazo que se fará público para estes efectos. Coa solicitude entregaranse na UXAI a versión escrita do traballo realizado e 4 copias da versión electrónica sempre que for posible, para que o TFG poida ser defendido e cantos documentos estimar necesarios a comisión encargada.


Rematado o prazo de solicitudes, a UXAI entregará a documentación que proceda ao secretario/a do tribunal de avaliación quen deberá facer chegar unha copia do traballo, a cada un dos membros deste.


6.3. O estudantado defenderá os seus TFG pública e presencialmente. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG de forma non-presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren.


6.4. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.


6.5. Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo tribunal, para a defensa do TFG, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación.


Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal . O Secretario do Tribunal será o encargado de recoller na acta a cualificación final e entregala no Decanato da Facultade, ademais de asinar electrónicamente a acta dixital.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9 suspenso
b) 5,0-6,9 aprobado
c) 7,0-8,9 notable
d) 9,0-10 sobresaliente
 Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudante/a que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, e sexa merecedora/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal evaluador.
No caso de que o/a estudante obtivese unha cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle unha copia deste informe á/s persoa/s que dirixiron o TFG.
A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levará a cabo conforme ao previsto na normativa da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes