Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
 Asignaturas
  Propulsión Eléctrica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Propulsión Eléctrica Código 770523011
Titulación
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Profesorado
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/login/index.php
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os diferentes accionamientos das máquinas eléctricas, fundamentalmente as distintas tecnoloxías a empregar nas máquinas de corrente alterna, identificando as vantaxes segundo os procesos e analizando os sistemas de control necesarios, que se empregan nas enerxías renovables, fundamentalmente na eólica. Diríxese tamén aos alumnos interesados na tecnoloxía dos vehículos eléctricos, tanto híbridos como eléctricos puros, unha alternativa real aos vehículos actuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos -Non se realizan cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral, mediante videoconferencia. -Proba práctica. -Solución de problemas. *Metodoloxías docentes que se modifican -Proba de resposta breve a realizar mediante cuestionario na plataforma moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico: Diariamente. Para consultas sinxelas, solicitar encontros virtuais e seguimentos. -Moodle, onde se centralizarán todos os contidos da materia. -Teams: en sesións semanais de igual tempo ás clases presenciais para a explicación dos contidos da materia e a resolución de problemas no mesmo horario que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. -Tutorias a demanda dos alumnos, realizaranse tamén por Teams. 4. Modificacións na avaliación A proba de respostas breves realizarase na plataforma moodle en varias sesións. *Observacións de avaliación: Para superar a materia o alumno deberá: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades. 2. Entregar os traballos prácticos nas datas que se indiquen. 3. Solucionar os problemas que se propoñen. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Proporcionarase material dixitalizado en moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes