Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
 Asignaturas
  Polímeros nun desenvolvemento Enerxético Sustentable
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Polímeros nun desenvolvemento Enerxético Sustentable Código 770523015
Titulación
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Abad López, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Ares Pernas, Ana Isabel
González Rodríguez, María Victoria
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
ana.ares@udc.es
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Achegar coñecementos básicos e discutir o papel que poden desempeñar os polímeros condutores como materiais activos en dispositivos capaces de producir, almacenar ou aforrar enerxía limpa.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos Non se prevé modificacións nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Traballos tutelados: Cada estudante fará un traballo titorizado sobre un dos temas propostos. Ao final entregará unha memoria escrita e fará unha pequena presentación ó resto da clase. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: A exposición oral farase por videoconferencia usando TEAMS. Ademais utilizarase o foro de dúbidas de Moodle para fomentar a participación do alumnado. Traballos tutelados: A exposición oral do traballo farase por videoconferencia mediante TEAMS. Prácticas de laboratorio: As prácticas de laboratorio pasarán a formato on line. As profesoras poñerán a disposición dos estudantes vídeos, instrucións e outra documentación necesaria. Habilitarán titorías virtuais (mediante Teams), foro de dúbidas en Moodle ou outros formatos de titorización non presencial para atender as dúbidas do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico (mediante email ou Moodle). Videoconferencia ou chat (TEAMS). Temporalización: As dúbidas e consultas que teñan os estudantes poden realizarse mediante correo electrónico (comunicación asíncrona) ou mediante videoconferencia (comunicación síncrona) segundo a preferencia do estudante ou a temática a tratar. O horario para a atención personalizada será flexible, podendo acordar con estudante a data e hora que mellor se adapte as súas necesidades. As dúbidas por email ou Moodle ou chat do Teams contestaranse nun prazo máximo de 24 horas. Isto e aplicable de luns a venres, en días lectivos. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación prevista na GADU *Observacións de avaliación: REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 1.Asistir e participar regularmente ás actividades da clase. 2.Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3.Facer e entregar toda as prácticas de laboratorio nas datas indicadas. 4.Obter en total unha puntuación de 5 sobre 10. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE: 1.Aprobar o exame (50% da puntuación máxima do exame) 2.Facer e entregar en data o traballo/prácticas adicionais 3.Obter en total unha puntuación de 5 sobre 10. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai cambios. O estudantado terá en Moodle presentacións e materiais adicionais. Ademais, dispoñen dos recursos bibliográficos on line da biblioteca da UDC onde poden consultar libros e bibliografía científica especializada para a realización do traballo tutelado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes