Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
 Asignaturas
  Polímeros nun desenvolvemento Enerxético Sustentable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B3 B1 B9 C1 C4 O alumno realizará tres prácticas de laboratorio relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas no laboratorio como o informe de prácticas presentado. 30
Traballos tutelados A12 B3 B1 B9 B16 C1 C4 O alumno realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto dos alumnos. Avaliarase tanto o traballo escrito como a presentación do mesmo. 40
Proba obxectiva C1 C4 Realizarase un test on-line onde se evaluen os conceptos adquiridos. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación non se corresponde coa táboa superior. Para estes alumnos a avaliación realizarase por medio dunha proba obxectiva con distintos tipos de preguntas(múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación) e un traballo de estudo de casos onde se lle expón ao alumno unha situación real da vida profesional. A cualificación será o 50% a proba obxectiva e o 50% o estudo de casos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes