Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
 Asignaturas
  Polímeros nun desenvolvemento Enerxético Sustentable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B3 B1 B9 C1 C4 O alumnado realizará tres prácticas de laboratorio relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas no laboratorio como o informe de prácticas presentado. 30
Traballos tutelados A12 B3 B1 B9 B16 C1 C4 O estudantado realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto da clase. Avaliarase tanto o traballo escrito como a presentación do mesmo. 70
 
Observacións avaliación

Os/as estudantes que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar, que non realicen as prácticas de laboratorio (sen causa xustificada) ou que non entreguen o traballo tutelado quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA
PRIMEIRA OPORTUNIDADE :

1.Asistir e participar regularmente nas
actividades da clase.

2.Entregar e expoñer os traballos
tutelados na data que se indique.

3.Facer e entregar toda as practicas de
laboratorio nas datas indicadas.

4.Obter en total unha puntuación de 5
sobre 10.

As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia
, non poidan
cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao profesorado o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. Darase as instruccións oportunas para que o alumnado siga a
materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por
outros traballos individuais ca mesma puntuación.

 

Na segunda oportunidade, o alumnado terá que facer unha proba obxectiva (examen presencial ou on line) que poderá constar de distintos tipos de preguntas (múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación). Ademais, pediraselles un traballo/practicas adicionais para completar a avaliación.  A cualificación será o 50% a proba obxectiva (examen), 30% prácticas de laboratorio e 20% traballo/prácticas adicionais.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA
SEGUNDA OPORTUNIDADE :

1.Aprobar o exame (50% da puntuación
máxima do exame)

2.Facer e entregar en data o
traballo/prácticas adicionais

3.Obter en total unha puntuación de 5
sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes