Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B1 B4 C5 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 65
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 20
Prácticas de laboratorio A6 B1 B6 Cada estudiante debe resolver exercicios coa axuda dun programa informático. 15
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.

Probas de avaliación continua. Realizaranse tres. A primeira dos contidos
dos temas 1 e 2, a segunda dos contidos dos temas 3 e 4, e a terceira dos
contidos dos temas 5 e 6. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

Prácticas de laboratorio. Avaliaranse cunha proba na que os estudiantes
poden usar o material docente da materia publicado no Campus Virtual da UDC. A
nota desta proba, comprendida entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL.

O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO ou NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

En cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. A nota da acta calcularase do
seguinte xeito:

• Consérvanse as notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NPO na primeira oportunidade

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NSO na segunda oportunidade.

• Renuncia ás notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.85×NPO na primera oportunidade,

0.15×NL+0.85×NSO na segunda oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia.

Dado que a asistencia ás clases non se considera obrigatoria, e a avaliación
realízase a través de varias probas, esta será a mesma que para o resto do
alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes