Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 B1 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T3: nota obtida na parte de teoria desta proba (28% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
58
Traballos tutelados B6 C3 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade.

Criterios de avaliación xerais:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
* Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T2: nota obtida no traballo tutelado (8% da nota final).
8
Prácticas de laboratorio B5 B6 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios de avaliación xerais:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Portafolios do alumno A10 Avaliación do documento realizado e dos avances e solucións expostas a pequenas probas de avaliación. Tamén se terán en conta as contestacións ás preguntas expostas polo profesor na revisión do portafolio.

Criterios de avaliación xerais:
* Organización e claridade dos documentos.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.
* Respostas correctas do alumno ás preguntas expostas na sesión de revisión do portafolio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na actividade do portafolio (4% da nota final).
4
Solución de problemas B1 B5 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase.

Criterios de avaliación xerais:

* Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

1) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é, que a suma 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 sexa maior o igual a 2.

2) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 +0,08×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3.

3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T3) sexa maior ou igual a 4.

4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5.

Si non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota númerica máxima que se obterá, na oportunidade
correspondente, será de 4,5 puntos. Si cúmprense os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 .

A asistencia a todas as clases presenciais de prácticas é obrigatoria (excepto os alumnos con matrícula parcial). A non asistencia a algunha clase, sen unha causa debidamente xustificada (médica, xudicial, laboral, etc.), suporá a non superación da materia.

Notas sobre as actividades:

- Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima posible.

- Todas
as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante
o curso académico, salvo a proba final (formada por as actividades T3 y P5) que terá as dúas oportunidades
oficiais de exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes