Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B5 B6 C3 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio. 10
Proba de resposta múltiple A7 A13 B2 Realizarase unha poba de resposta múltiple sobre os contidos vistos ata o momento da realización da proba. 10
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 C1 C6 Ao finalizar o semestre realizarase unha proba obxectiva escrita de tres horas de duración sobre a totalidade os contidos da materia. 70
Solución de problemas A7 A13 B1 B5 C3 C6 Avaliación continua mediante o seguimento do alumno/a nas clases e tutorías, valorando a comprensión que o alumno adquire da materia. 10
 
Observacións avaliación
Para que un alumno/a sexa avaliado, ha de ter en conta que a asistencia a clase é obrigatoria. Contemplaranse casos excepcionais que poidan ser documentados.
Os alumnos/as repetidores que realizasen as prácticas no curso 2015/16 poderán optar entre realizar novamente as prácticas de laboratorio e ser avaliados, ou non realizalas, e conservar a puntuación do laboratorio do curso anterior. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, co que un alumno que non as realizou, non ten opción de superar a materia.
Na segunda oportunidade (Xullo), o sistema de avaliación é o mesmo que para a primeira oportunidade.
Os estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade,...) non realicen a avaliación continua, a proba obxectiva presencial escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponde á puntuación das prácticas de laboratorio.Os alumnos con cualificacións de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva.
Alumnos con dedicación a tempo parcial. Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerán da cuantía de dedicación a dito tempo parcial. Na segunda oportunidade rexerase polo mesmo criterio que na primeira avaliación. >
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes