Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B6 C3 Realización e exposición na aula de actividades dirixidas.
Realización dunha actividade e avaliación mediante unha proba obxectiva.

10
Proba obxectiva A8 B1 Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
70
Solución de problemas A8 B1 Resolución dos boletíns de exercicios e capacidade para explicalos na aula. 10
Prácticas de laboratorio A8 B4 B6 C3 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe.
Capacidade para traballar de forma colaborativa.
Resolución dos exercicios propostos en moodle antes do examen parcial correspondente
10
 
Observacións avaliación

Os
alumnos para ser avaliados terán que ter realizado como mínino
o 75% das clases prácticas de laboratorio.

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame
haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos

O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos
tutelados (20%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes