Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Subjects
  Engineering Drawing
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Enquisa a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Oral presentation A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará o estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer. O alumnado e profesorado interactuaran dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, oprincipios de forma dinámica.
Objective test A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas.
Seminar Traballos, talleres dirixidos en grupos moi reducidos.
Laboratory practice Traballos realizados empregando técnicas de CAD
Problem solving - Aplicación de conceptos mediante unha serie de exercicios prácticos previamente resoltos.
- Exercicios sobre o tema, que os estudantes resolverán en clase, axudados polo profesor.
- Realización doutros exercicios fose da aula, propostos para a auto-avaliación dos alumnos, e a asimilación de contidos.


O profesor fará de guía para o traballo, eminentemente persoal do estudante, o que implica proporcionar información bibliográfica abondo e unha maior dedicación a titorías por parte do estudante.
Aplicarase a informática gráfica, nas partes correspondentes
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes