Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Expresión Gráfica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 B1 B4 B5 B6 B10 C2 Exercicios realizados en aula informática e práctica final (proxecto).
A práctica final (proxecto), realizada en grupo, terá un peso do 15%.
Os exercicios prácticos de deseño asistido por ordenador terán un peso do 25%.
40
Proba mixta A9 B1 B4 B5 B6 B10 C2 A proba terá carácter práctico e consistirá na resolución dun número determinado de exercicios e cuestións, que deberán cubrir un amplo abano de conceptos.

Valoraranse a asistencia en participación en clase (exercicios e test realizados nas distintas sesións). A asistencia en participación en clase terá un peso do 5%, que se computará xuntamente coa proba mixta.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será obrigatorio:

  1. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións prácticas. A estos efectos, non seterán en conta as ausencias debidamente motivadas por cuestións de saúde.
  2. Únicamente se contempla a posibilidade dun 15% de faltas de asistencia asesións prácticas sen aportalo correspondente xustificante.

As Prácticas de laboratorio representan o 40% da calificación da materia, e avalían os contidos relacionados co deseño asistido por computador. Na segunda oportunidade poderase conservar a calificación obtida nas Prácticas de laboratorio, sempre que se houbese obtido unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. O cálculo da calificación das  actividades ligadas ao deseño asistido por computador farase acorde á seguinte fórmula: (Exercicios prácticos de deseño asistido por ordenador * 0.25 + Nota proxecto * 0.15) / 0.4.

A avaliación final do alumno na segunda oportunidade atenderá á suma da puntuación outorgada ás seguintes partes:

Nota segunda oportunidade= 0.6 * Proba mixta + 0.4 * Proba práctica (deseño asistido por computador). A proba mixta abarcará a totalidade dos contenidos da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ao inicio do curso a súa situación aos profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (Art. 3 e 8b).

No caso de segunda matrícula ou sucesivas, non se conservarán eventuais partes superadas en cursos anteriores, debendo o estudante realizalas e superalas. 

COMPROMISO ÉTICO: Espérase que os alumnos teñan un comportamento ético adecuado. O plaxio na realización de calquera das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia, na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes