Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Fisíca II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C2 C5 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio 15
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C2 C5 Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a 30
Proba obxectiva A7 B1 C1 C3 C7 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia 55
 
Observacións avaliación

A realización das
prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa
estiveran matriculados anteriormente na materia e que superasen as prácticas
nos dous cursos anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente
e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.

A cualificación
de "non presentado" figuraralles a aqueles alumnos/as que non se
presentasen á proba obxectiva.

Os criterios de
avaliación da segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, se o houbese,
son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio,
supondo igualmente o 15% da cualificación, e manterase tamén a puntuación
obtida na solución de problemas, pero esta última supondo soamente o 15% da
cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira
oportunidade). O 70% restante corresponderá á proba obxectiva.

Para os/as
alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención
de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades
específicas que requira cada alumno/a.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a
cualificación de “0” na proba ou actividade en cuestión.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes