Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Ecuacións Diferenciais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 B1 B2 B3 B7 C1 Participación activa e traballo realizado na resolución de cuestións teóricas e problemas prácticos (de forma individual ou en grupos moi reducidos) 20
Proba mixta A6 A10 B1 B2 C1 C6 Proba escrita que inclúe resolución de problemas e cuestións breves (referentes tanto a contidos teóricos como ás prácticas de ordenador) 75
Prácticas de laboratorio A6 A10 B1 B3 B4 B6 C3 Resolución de problemas de carácter práctico e ilustración de aspectos teóricos coa axuda do programa de ordenador Matlab/Octave 5
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia consta de tres partes:

  • a cualificación das
    prácticas de laboratorio: NP (entre 0 e 0.5)
  • a cualificación da proba
    mixta: NE (entre 0 e 7.5), dos cales 0.5 corresponden a exercicios de
    prácticas de laboratorio.
  • a cualificación dos
    seminarios: NS (entre 0 e 2)

A cualificación final será a suma de NP+NE+NS, isto soamente sucederá no
caso no que se cumpran as seguintes condicións:

  • as ausencias inxustificadas
    nos seminarios e nas prácticas de laboratorio non superen o 10%
  • a cualificación da proba
    mixta NE sexa maior que 2.65

Tanto as cualificacións NP como NS conservaranse na segunda oportunidade de
avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes