Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Fundamentos de Automática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A4 A6 A15 A16 A17 A30 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 As prácticas de laboratorio son obrigatorias, hai que realizalas todas para poder aprobar a Materia.
Ademais, poden servir para sumar ata 1 punto na nota final, distribuído da seguinte maneira:
- 0.5 puntos segundo o grao de resolución e presentación do manual e informes de prácticas.
- 0.5 puntos segundo o grao de implicación do Alumno nas prácticas e na súa capacidade de resposta ás preguntas expostas durante a realización das prácticas.
As prácticas de Laboratorio representan o 10% da puntuación da Materia, sempre que se asista con regularidade a clase.
10
Proba obxectiva A3 A4 A6 A15 A16 A17 A30 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de cuestións, exercicios e problemas na aula. Preténdese avaliar o Interese e a Actitude do Alumno, así como o estudo continuo da Materia mediante a súa participación activa.
A solución de problemas representa o 10% da puntuación da Materia, sempre que se asista con regularidade a clase.
70
Solución de problemas A3 A4 A6 A15 A16 A17 A30 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de cuestións, exercicios e problemas na aula. Preténdese avaliar o Interese e a Actitude do Alumno, así como o estudo continuo da Materia mediante a súa participación activa.
A solución de problemas representa o 10% da puntuación da Materia, sempre que se asista con regularidade a clase.
10
Proba de resposta múltiple A3 A4 A6 A15 A16 A17 A30 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A nota obtida en cada un destes exames será como máximo de 10 puntos.
Estes exames poden consistir nun test, exercicios, cuestións teóricas, etc.
Poden servir para sumar 1 punto na nota final, da seguinte maneira:
- 0.5 puntos por cada exame puntuado entre 6 e 10 puntos.
Estas probas representan o 10% da puntuación da Materia, sempre que se asista con regularidade a clase.
10
 
Observacións avaliación

Para que un Alumno sexa avaliado, ha de ter en conta que a asistencia a clase é obrigatoria, co cal, o Profesor controlará a asistencia cando crea oportuno.

Ao finalizar o curso, cada Alumno terá o obxectivo de Asistencia alcanzado ou non.

Se a nota da Proba Obxectiva é maior ou igual a 3.5 puntos e se se ten a Asistencia, a nota final da Materia será a suma das notas da Proba Obxectiva, as Prácticas de Laboratorio, a Solución de Problemas e as Probas de Resposta Múltiple.

Se a nota da Proba Obxectiva é menor de 3.5 puntos ou se non se ten a Asistencia, a nota final da Materia será a da Proba Obxectiva.

Os Alumnos que repitan matricula poden optar entre repetir ou non a Asistencia, as Prácticas de Laboratorio e as Probas Mixtas. En caso negativo gardaranse as notas do curso anterior e os Alumnos deberán informar o Profesor ao principio do curso de que parte ou partes non van repetir.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes