Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Electrónica Analóxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A4 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C6 Exposición audiovisual dun tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa. 7
Proba de resposta múltiple A25 B1 Realizaranse dúas probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, unha con cada parcial. 20
Prácticas de laboratorio A3 A29 B1 O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia. 8
Prácticas a través de TIC A4 A25 A30 B3 B5 B6 B7 C3 C6 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

15
Proba obxectiva B4 As probas obxectivas escritas teñen o obxectivo de comprobar se o alumno/a adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia.

Realizaranse un primeiro parcial durante o curso e un segundo parcial, coincidindo co exame final de Xuño. Cada parcial valerá 25 puntos.

50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que
obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final
obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC,
Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e
Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

· Que a nota das Prácticas de laboratorio sexa maior ou igual que 4 puntos.

· Al menos unha das seguintes:

       · Que se haxa obtido unha nota maior que 12 no primeiro exame parcial.

       · Que a nota obtida en cada un dos parciais é maior ou
igual que 10 puntos.

       · Que a nota obtida nun examen final maior ou igual que 20 puntos.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final obterase multiplicando a nota da proba obxectiva  por 0,8.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes