Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 Os coñecementos teóricos avaliaranse mediante probas obxectivas. Haberá 3 probas parciais a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira realizarase unha vez explicados os 3 primeiros temas. Supoñerá un 30% da nota final de teoría.

A segunda proba realizarase unha vez explicados os temas 4 e 5. Supoñerá un 30% da nota final de teoría.

A terceira proba realizarase coincidindo co exame final. Esta proba supoñerá un 40% da nota final de teoría.
50
Simulación B1 B5 Exercicio de deseño e simulación a resolver individualmente co software do laboratorio.

Esta proba realizarase ao final do cuadrimestre e supoñerá un 50% da nota final.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia
consistirá nunha avaliación teórica (50%) e outra práctica (50%). As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.

Avaliación teórica

A avaliación teórica consistirá en 3 probas parciais:

-A primeira realizarase unha vez explicados os 3 primeiros temas e terá un peso do 30% da nota final de teoría.

-A segunda proba realizarase unha vez explicados os temas 4 e 5. Supoñerá un 30% da nota final de teoría

-A terceira realizarase coincidindo co exame final, e terá un peso do 40% da nota final de teoría.

Cada proba parcial poderá constar dunha parte de preguntas de resposta curta e/ou tipo test e dunha parte de resolución problemas en papel ou usando o software ISE.

Avaliación práctica

Realizarase
unha proba práctica ao final do cuadrimestre, que consistirá nun
exercicio similar aos realizados nas prácticas de laboratorio durante o
curso. Supoñerá un 50% da nota final.

Nota final

A nota final calcularase como media aritmética da parte teórica e práctica. 

Nota Final =(Nota final de teoría + Nota prácticas)/2

Segunda oportunidade

Na
segunda oportunidade, realizaranse dúas probas: unha teórica e outra
práctica. Para realizar a parte práctica é preciso apuntarse, falando
previamente co profesor.

A teórica consistirá nunha proba obxectiva con exercicios prácticos (escritos ou de programación) de análise e deseño de circuítos combinacionales e secuenciais e cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario. Supoñerá un 50% da nota final.

A
proba práctica será un exercicio de programación similar aos realizados
durante as prácticas ao longo do curso, a puntuación desta parte será do
50% da nota final.

Para aprobar é preciso obter polo menos un 4 sobre 10 en ambas as dúas partes.

No caso de non alcanzar a nota mínima nalgunha das partes a Nota final será:

Nota Final= mínimo (4.5, (Nota de teoría+Nota prácticas)/2)  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes