Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Sistemas Dixitais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 A25 A30 A33 B1 B2 B3 B7 C6 C2 Traballo de deseño dun sistema dixital de complexidade media. Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar unha memoria explicativa deste. 50
Proba obxectiva A26 A29 B1 Os coñecementos teóricos avaliaranse mediante probas obxectivas. Haberá 2 probas escritas a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira realizarase unha vez explicados os 5 primeiros temas. Supoñerá un 50% da nota final de teoría.

A segunda proba realizarase coincidindo co exame final. Esta proba supoñerá un 50% da nota final de teoría.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia
consistirá nunha avaliación teórica (50%) e outra práctica (50%). As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.

Avaliación teórica

A avaliación teórica consistirá en 2 probas parciais:

-A primeira realizarase unha vez explicados os 5 primeiros temas e terá un peso do 50% da nota final de teoría.

-A segunda realizarase coincidindo co exame final, e terá un peso do 50% da nota final de teoría.

Cada proba parcial constará dunha parte de preguntas de resposta curta e/ou tipo test e dunha parte de resolución problemas en papel ou co software ISE.

Avaliación práctica

Propoñerase
a realización dun sistema dixital de complexidade media, no que se
avaliará a correcta aplicación dos conceptos teóricos. Ao final do
cuadrimestre, será preciso expoñer os resultados e entregar unha memoria explicativa. Para
alcanzar a máxima nota os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal). Suporá un 50% da nota final.

Nota final

A nota final calcularase como media aritmética da parte teórica e práctica.

Nota Final =(Nota final de teoría + Nota traballo)/2

Será necesario alcanzar en ambas as dúas partes un mínimo do 40% da cualificación máxima.

No caso de non alcanzar a nota mínima nalgunha das partes a Nota final será:

Nota Final= mínimo (4.5, (Nota de teoría+Nota prácticas)/2)  

Segunda oportunidade

Na
segunda oportunidade, realizaranse dúas probas: unha teórica e outra
práctica. Para realizar a parte práctica é preciso apuntarse, falando
previamente co profesor.

A teórica consistirá nunha proba
obxectiva con cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, con exercicios escritos ou de programación.
Supoñerá un 50% da nota final.

A proba práctica será un exercicio de programación no Laboratorio, a puntuación desta parte será do 50% da nota final.

Para aprobar é preciso obter polo menos un 4 sobre 10 en ambas as dúas partes.

No caso de non alcanzar a nota mínima nalgunha das partes a Nota final será:

Nota Final= mínimo (4.5, (Nota de teoría+Nota prácticas)/2)  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes