Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Sistemas Dixitais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Traballo de deseño dun sistema dixital de complexidade media. Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar unha memoria explicativa deste, facer unha exposición oral e realizar unha defensa da práctica. 40
Proba mixta A26 A30 B1 Haberá 2 probas mixtas a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira realizaráse unha vez explicados os 5 primeiros temas. Suporá un 20% da nota final.

A segunda proba será o examen final da 1ª oportunidade e poderá ter un peso de:

- 40% para alumnos que decidan examinarse só da segunda parte da asignatura.
- 60% para alumnos que decidan examinarse das dúas partes, anulando a nota da 1ª proba mixta, se a tivese.
60
 
Observacións avaliación

As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.

As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.

Para alcanzar a máxima nota no traballo teránse en conta os seguintes aspectos:

- Os circuítos deseñados deben funcionar perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e temporal).

- A memoria entregada e a presentación terán que ser claras.

- O alumno terá que realizar unha defensa personalizada da práctica, xustificando o porqué do seu deseño e contestando ás preguntas relativas ao traballo realizadas polo profesor.

Nota final

A nota final calcularáse, en xeral, como:

Nota Final =0,2 x Nota proba obxectiva 1 + 0,4 x Nota traballo + 0,4 x Nota proba obxectiva 2

Aqueles estudantes que non tivesen calificación na 1ª proba obxectiva, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 2ª proba obxectiva (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:

Nota Final=0,6 x Nota proba obxectiva 2 + 0,4 x Nota traballo.

Para aprobar a asignatura a nota final debe ser a lo menos do 50% da puntuación total. Ademáis, a nota obtida nas probas obxectivas utilizadas para calcular a nota final debe ser superior ao 30% do total das mesmas.

Se non se superan os mínimos das probas obxectivas e suma total é superior aos 50 puntos, a nota final será de 45.

Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.

Anota de final da segunda oportunidade = 0,6 x Nota proba mixta + 0,4 x Notatraballo.

Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas as obligatorias e presenciais

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes