Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Sistemas Dixitais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Traballo de deseño dun sistema dixital de complexidade media. Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar unha memoria explicativa deste, facer unha exposición oral e realizar unha defensa da práctica. 40
Proba mixta A26 A30 B1 Haberá 1 proba mixta a realizar individualmente por cada alumno con cuestións teórico-prácticas.
60
 
Observacións avaliación

As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.

As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.

Para alcanzar a máxima nota no traballo teránse en conta os seguintes aspectos:

- Os circuítos deseñados deben funcionar perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e temporal).

- A memoria entregada e a presentación terán que ser claras.

- O alumno terá que realizar unha defensa personalizada da práctica, xustificando o porqué do seu deseño e contestando ás preguntas relativas ao traballo realizadas polo profesor.

Nota final

A nota final calcularáse, en xeral, como:

Nota Final = 0,4 x Nota traballo + 0,6 x Nota proba obxectiva

Para aprobar a asignatura a nota final debe ser a lo menos do 50% da puntuación total. Ademáis, a nota obtida na proba obxectiva debe ser superior ao 30% do total.

Se non se superan o mínimo da proba obxectiva e suma total é superior aos 50 puntos, a nota final será de 45.

Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.

Anota de final da segunda oportunidade = 0,6 x Nota proba mixta + 0,4 x Nota traballo.

Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas as obligatorias e presenciais

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes