Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Instrumentación Electrónica I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Instrumentación Electrónica I Código 770G01027
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
andres.pinon@udc.es
Profesorado
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
andres.pinon@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia trátase de comprender o proceso de medida de magnitudes físicas con medios electrónicos, distinguindo as partes que o compoñen e analizando os principais factores e a problemática asociada. Veranse os principios de funcionamento dos dispositivos electrónicos máis utilizados nos circuítos destinados á medida, así como a análise e síntese de circuítos electrónicos de acondicionamento do sinal procedente de sensores.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificación nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías adaptandoas á modalidade non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumno realizarase a distancia mediante úsoo de correo electrónico, videoconrferencia con Microsoft Teams e Moodle: Correo electrónico: Diariamente para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de "foros temáticos asociados aos módulos" da materia, para formular as consultas necesarias. Teams: sesións de videoconferencia (ou chat) baixo demanda para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia. 4. Modificacións na avaliación Non se modifican as metodoloxías de avaliación. Adaptaranse ao formato non presencial. *Observacións de avaliación: Manteñense as da guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberá cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes