Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Debuxo Industrial e CAD
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer.
Aprendizaxe colaborativa Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos guiado sempre polo profesor, Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
- Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
- Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
- Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
- Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Seminario Nestas clases os alumnos formaranse no uso da ferramenta de deseño 3D
Prácticas de laboratorio O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos.
Proba obxectiva A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes