Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Enerxías Renovables
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na clase de presentación se proxectará, coas explicacións pertinentes, a Guía Docente da asignatura; establecendo o remate unha quenda aclaratoria de dubidas que poidan xurdir os alumnos no referente a Guía Docente.
Sesión maxistral Os alumnos poderán dispor con antelación da colección de capítulos que inclúa a lección que o profesor explicará no xeito sesión maxistral. Para unha mellor comprensión das explicacións se engadirán recursos audiovisuais, transparencias u outros medios que a escola habilite
Solución de problemas Conforme se avance en teoría entregarase a os alumnos problemas que deberán resolver e entregar en prazos fixados polo profesor. Algúns destes problemas faranse na clase. O redor de 14 horas será o tempo destinado para a feitura de problemas.
Traballos tutelados A cada alumno o profesor asignará un traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, traballo que normalmente consistirá nun mini proxecto de execución individual, instalacións de aproveitamento fotovoltaico,térmico o eólico, temática e características do traballo que fixará persoalmente o profesor.
Presentación oral Os traballos solicitados o alumno terán que ser defendidos cunha presentación oral.

A presentación dos traballos tutelados realizarase individualmente e o alumno dispón de media hora.

A defensa farase en audiencia pública para o resto de compañeiros.
Proba obxectiva Queda a decisión do alumnado particionar o exame final, se optan por facelo acordarase consensuadamente a data e posteriormente publicitarase en moodle, nesa partición do exame FINAL entrarán os capítulos do tema I a tema VIII, no exame haberá preguntas de teoría e problemas cunha duración máxima de 4 horas.
Proba obxectiva Os alumnos que elixiron a opción de seccionar o exame final renuncian a facer o exame final total nas datas aprobadas na xunta de escola para a convocatoria de xaneiro sendo esa mesma data na que farán a segunda parte do exame final, no que entrarán os restantes temas da materia que se chegaran a dar nas sesións de clase, a estrutura do exame será semellante a proba mencionada con anterioridade.
Os alumnos que non desexan seccionar o exame final, farán un único exame no que entre toda materia impartida.
Os contidos ollados nas saídas de campo no caso de realizarse avaliaranse nesta proba obxectiva
Saídas de campo No caso de facerse saídas de campo, con anterioridade da realización da saída de campo, na aula explicarase a información subministrada referente a visita para que no percorrido das instalacións o alumno teña os mínimos coñecementos que lle permitan un óptimo aproveitamento. O alumnado deberá ter ollada a documentación da visita, información que poderá dispor o habilitárselle unha páxina na web da UDC dende onde poderá descargar a documentación pertinente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes