Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Automatización II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A31 A32 A33 A34 B1 B5 B6 C1 C2 Corresponderá ben a unha proba de avaliación ao final do cuadrimestre, ben a probas repartidas ao longo do cuadrimestre, que englobarán todos os aspectos da materia tanto teóricos como prácticos e de resolución de problemas.
Poderá incluír probas tipo test teórico/prácticos, cuestións teórico/prácticas, preguntas teóricas e resolución de problemas.
70
Prácticas de laboratorio A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 C5 A realización das prácticas de laboratorio é Obrigatoria.
Ademais valorarase o seu aproveitamento, en aspectos como o traballo persoal, actitude, implicación...e a resolución rápida e óptima dos distintos exercicios expostos.
Se un Alumno non fai todas as prácticas da Materia ou se a nota obtida nesta metodoloxía é menor de 10 puntos, a Materia terá unha cualificación de "Suspenso".
20
Solución de problemas A3 A4 A31 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 Proporase ao longo do desenvolvemento da materia un ou varios exercicios que deberá resolver o alumno e cuxa cualificación computará na avaliación final da materia. 10
 
Observacións avaliación

-No exame correspondente á segunda oportunidade realizarase unicamente a proba mixta coa súa puntuación correspondente, á que se lle sumarán os puntos correspondentes das outras probas.

-Para aprobar a Materia é necesario aprobar as dúas partes diferenciadas da Proba Mixta:

a Parte Teórica e a Parte Practica

- A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "Avaliación", sempre que se cumpran as seguintes condicións:

Realizar e aprobar as prácticas de laboratorio.

Aprobar as dúas partes da proba mixta.

- No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota da proba mixta ponderada de maneira que se obteña como máximo un catro.

-Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, esixiráselle polo menos un 5 sobre 7 (é dicir, un 7.14 sobre 10) na proba mixta (aprobando a parte teórica e a parte práctica da mesma) e despois un exame das prácticas.

-As notas da Avaliación continua terán unha validez de 2 cursos, é dicir, o curso en que o Alumno a realiza e o curso seguinte. Pasados estes 2 cursos, o Alumno terá que volver realizar o conxunto da Avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes