Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Automatización II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A31 A32 A33 A34 B1 B5 B6 C1 C2 Corresponderá ben a unha proba de avaliación ao final do cuadrimestre, ben a probas repartidas ao longo do cuadrimestre, que englobarán todos os aspectos da materia tanto teóricos como prácticos e de resolución de problemas.
Poderá incluír probas tipo test teórico/prácticos, cuestións teórico/prácticas, preguntas teóricas e resolución de problemas.
Constará de dúas partes diferenciadas: unha teórica e unha práctica. Para poder aprobar a Materia haberá que lograr unha puntuación mínima de 3.5 puntos e aprobar as dúas partes da proba.
70
Prácticas de laboratorio A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 C5 A realización das prácticas de laboratorio é Obrigatoria.
Ademais valorarase o seu aproveitamento, en aspectos como o traballo persoal, actitude, implicación...e a resolución rápida e óptima dos distintos exercicios expostos.
Se un Alumno non fai todas as prácticas da Materia ou se a nota obtida nesta metodoloxía é menor de 5 puntos, a Materia terá unha cualificación de "Suspenso".
10
Traballos tutelados A3 A4 A31 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 Proporase ao longo do desenvolvemento da materia un proxecto ou varios exercicios que deberá resolver o alumno e cuxa cualificación computará na avaliación final da materia. A avaliación dos mesmos poderá contemplar a exposición en público ou a xustificación do presentado ante o profesor. 20
 
Observacións avaliación

- A realización de todas as prácticas de laboratorio é condición indispensable para poder aprobar a Materia; a cualificación nelas cunha nota menor de 5 puntos suporá o SUSPENSO da Materia.

-Para aprobar a Materia é necesario aprobar as dúas partes diferenciadas da Proba Mixta: a Parte Teórica e a Parte Práctica

- A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "Avaliación", a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

-Realizar e aprobar as prácticas de laboratorio.

-Aprobar as dúas partes da proba mixta.

- No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota da proba mixta.

-No exame correspondente á segunda oportunidade realizarase unicamente a proba mixta.

-Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, terá que realizar unha proba adicional para demostrar as competencias non avaliadas de maneira presencial.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes