Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Créditos de libre elección
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B1 B4 C6 Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do estudante. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou contestar a cuestións teóricas que reflicten o grao de coñecemento da materia. 75
Solución de problemas A3 A6 B2 C3 C6 Formularanse cuestións teórico-prácticas nas que o estudante buscará a solución a un problema determinado. 20
Prácticas de laboratorio A6 B1 B6 Os alumnos deben resolver exercicios coa axuda do programa informático que empregaron nas clases de laboratorio. 5
 
Observacións avaliación

A cualificación final da asignatura consta de tres partes:

i) solución de problemas: teñen lugar mediante probas escritas e durante o
desenvovemento das clases na aula, no que o profesor valora de forma individual
o grao de coñecemento da materia por parte de cada alumno. Esta parte representa o 20% da cualificación.

ii) realización das prácticas de laboratorio, onde os alumnos deberán saber
utilizar os programas informáticos que lles proporciona o profesor para
resolver distintos exercicios que se formulen en relación co contido do
programa da materia. Esta parte representa o 5% da cualificación.

iii) a realización da prueba mixta. Esta parte supón o 75% da
cualificación da asignatura, da cal o 5% corresponde a probas relativas a
prácticas de laboratorio.

Aos estudantes a tempo parcial con dispensa académica valoraráseslle o
apartado i) nos examen oficiais, e o 5% correspondente as acitividades
relacionas coas prácticas de laboratorio do apartado iii) por unha proba
práctica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes