Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Créditos de libre elección
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B6 C3 Realización e exposición na aula de actividades dirixidas.
Realización dunha actividade e avaliación mediante unha proba obxectiva.
Interese e actitude do alumno
10
Proba obxectiva A8 B1 Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
70
Solución de problemas A8 B1 Resolución dos boletíns de exercicios e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno. 10
Prácticas de laboratorio A8 B6 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe, participación activa nestas. Interese e actitude do alumno 5
Proba de resposta múltiple A8 B6 B4 C3 Resolución dos exercicios de autoavaliación propostos en moodle antes do exame parcial correspondente. 5
 
Observacións avaliación

Os
alumnos para ser avaliados terán que ter realizado como mínino
o 75% das clases prácticas de laboratorio.

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame
haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes