Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Créditos de libre elección
  Ecuacións Diferenciais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 B1 B2 B3 B7 C1 Participación activa e traballo realizado na resolución de cuestións teóricas e problemas prácticos (de forma individual ou en grupos moi reducidos) 20
Proba mixta A6 B1 B2 C1 C6 Proba escrita que inclúe resolución de problemas e cuestións breves (referentes tanto a contidos teóricos como ás prácticas de ordenador) 75
Prácticas de laboratorio A6 B1 B3 B4 B6 C3 Resolución de problemas de carácter práctico e ilustración de aspectos teóricos coa axuda do programa de ordenador Matlab/Octave 5
 
Observacións avaliación
A cualificación final da materia consta de
tres partes:
  • a cualificación das prácticas de laboratorio mediante entregas: NP (entre 0 e 0.5)
  • a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7.5), do cal 0.5 corresponden a proba final de prácticas de laboratorio e 7 puntos da proba final teórico-práctica
  • a cualificación dos seminarios: NS (entre 0 e 2), dos cales 1 punto corresponde a entregas e 1 punto a proba parcial.

A cualificación final será a suma de NP+NE+NS, isto soamente sucederá no caso no que se cumpran as seguintes condicións:

  • as ausencias inxustificadas nos seminarios non superen o 20% e
  • a cualificación da proba mixta NE sexa maior que 2. 65 
En caso contrario, a cualificación final será a nota obtida na proba mixta NP (7.5 como máximo).

Tanto as cualificacións NP como NS conservaranse na segunda oportunidade de avaliación. 


De querer avaliarse únicamente cunha proba mixta puntuada de 0 a 10 o alumno terá que solicitalo explícitamente a principios de curso antes de que se realice calquera das probas de avaliación continua de laboratorio ou seminarios. De ter feito algunha das entregas ou realizada a proba parcial non se poderá renunciar á avaliación continua.

No caso do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica, a cualificación constará de:
  • a cualificación dunha memoria de prácticas de ordenador: NP (entre 0 e 0.5)
  • a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7.5)
  • a cualificación dun traballo aplicado a un problema real da Enxeñaría: NS (entre 0 e 2)
A cualificación final será a suma de NP+NE+NS para o alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes