Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Créditos de libre elección
  Fundamentos de Electricidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 B1 B4 B5 C6 O 70% repártese en:

Un 10% que corresponde a unha proba obxectiva de tres items a realizar en clase de duración 30 minutos, tras a primeira entrega do protafolios.

O restante 60%:
Ccorresponde ao exame final (xa sexa o da convocatoria ordinaria en xaneiro ou a convocatoria extraordinaria de Xullo) será de dez Items: preguntas en forma de problemas curtos de varios conceptos. Para cada Item proporanse varias respostas, onde só unha é posible. O alumno deberá xustificar a resposta elixida e porque descarta as restantes. Un ítem só pode valer un punto ou cero. O ítem ben xustificado conta un punto. Os mal xustificados ou sen xustificar non contan.
A duración do exame será de 2h, só ampliable para o alumno que conte con adaptación á diversidade que estime iempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida contribuirá á cualificación final nun 60%, a condición de que se superen o tres puntos sobre 10 nela.
En caso de non superar no examen final o tres puntos sobre dez, a cualificación final será "Suspenso" coa puntuación alcanzada nesta proba independentemente da alcanzada nas outras dúas probas.
En caso de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "No presentado".
70
Prácticas de laboratorio A15 B1 B5 C6 C7 As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomásese nota da asistencia. A docencia de laboratorio é un complemento ás clases teóricas, nelas proporanse exercicios de aplicación da teoría. Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das prácticas. Entregarase unha memoria final das prácticas realizadas.
A puntuación será de Mal (M) ou Non realizada (NR) (asignando 0 puntos sobre 10), Regular (R) (3,33 puntos) ou Ben (B) (6,66) ou Ben (MB) (10 puntos). Puntuación só aplicable no curso académico en que se realicen ditas prácticas (convocatorias ordinaria-Xaneiro e extraordinaria-Xullo).
As prácticas superadas (puntuación de R, B ou MB) en cursos previos só son válidas ("convalidables" (CV) durante o catro anos seguintes á súa realización), pero só valerán 3,33 puntos (R).
15
Portafolios do alumno A15 B1 B4 B5 C6 C7 C8 Cada exercicio deberá estar claramente separado do seguinte, ter o seu enunciado cos seus datos, esquemas e cuestións. No desenvolvemento da solución, as magnitudes empregadas, deben indicarse de forma clara no circuíto eléctrico e teranse en conta todas as anotacións teóricas de interese que o alumno recolla do indicado en clase. Valorarase a lectura por medio das respostas ás cuestións teóricas. A falta dalgún exercicio, o seu desenvolvemento ou a non entrega fará que o caderno non puntúe na entrega final. O profesor en calquera momento poderá pedir a entrega do caderno. A puntuación será de Mal (M) ou Non realizada (NR) (0 puntos sobre 10), Regular (R) (3,33 puntos) ou Ben (B)(6,66) ou Moi ben (MB) (10 puntos) e contribuirá á cualificación nun 15%. 15
 
Observacións avaliación

A cualificación final darase con dous decimais e será:

· Se na proba obxectiva final tres ou máis puntos, a condición de que estean superadas as prácticas:

Puntuación do portafolio *0,15 + puntuación das prácticas superadas (R, B ou MB)*0,15 + puntuación proba obxectiva*0,60(se máis de tres puntos) + puntuación da proba obxectiva en clase*0,10 se a asistencia foi regular (superior ao 80%) ao longo do curso.

Para superar a materia nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 sobre dez ou superior.

· Se na proba obxectiva menos de tres puntos:

Puntuación da proba obxectiva.

· Se non se presenta á proba obxectiva:

Non presentado

· Se non se superan as prácticas:

Puntuación en prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes