Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 B6 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios de avaliación xerais:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Traballos tutelados B6 C3 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade.

Criterios de avaliación xerais:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
* Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T2: nota obtida no traballo tutelado (8% da nota final).
8
Proba mixta A10 B1 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T3: nota obtida na parte de teoria desta proba (28% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
58
Portafolios do alumno A10 Avaliación do documento realizado e dos avances e solucións expostas a pequenas probas de avaliación. Tamén se terán en conta as contestacións ás preguntas expostas polo profesor na revisión do portafolio.

Criterios de avaliación xerais:
* Organización e claridade dos documentos.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.
* Respostas correctas do alumno ás preguntas expostas na sesión de revisión do portafolio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na actividade do portafolio (4% da nota final).
4
Solución de problemas B1 B5 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase.

Criterios de avaliación xerais:

* Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o
estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e
10 en todas as actividades):

1) Acadar o 50% da nota máxima
posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é,
que a suma 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 sexa maior o igual a 2.

2)
Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das
actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 +
0,08×P3 +0,08×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3.

3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T3) sexa maior ou igual a 4.

4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5.

Si
non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será
de suspenso e a nota númerica máxima que se obterá, na oportunidade
correspondente, será de 4,5 puntos. Si cúmprense os requisitos esixidos,
a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 .

A
asistencia a todas as clases presenciais de prácticas é obrigatoria
(excepto os alumnos con matrícula parcial). A non asistencia a algunha
clase, sen unha causa debidamente xustificada (médica, xudicial,
laboral, etc.), suporá a non superación da materia.

Notas sobre as actividades:

-
Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno
copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre
a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima
posible.

- Todas
as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante
o curso académico, salvo a proba final (formada por as actividades T3 y P5) que terá as dúas oportunidades
oficiais de exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes