É moi recomendable o aproveitamento das clases prácticas de programación que se realizarán ao longo do curso. Así mesmo, a través da páxina web da materia iranse expondo diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución problemas que será esixida ao alumno. É moi recomendable a realización destes exercicios para un bo aproveitamento da materia.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a
entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.