Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C4 C6 Ao finalizar o cuadrimestre realizarase unha proba obxectiva escrita de tres horas de duración sobre a totalidade dos contidos da materia. 70
Solución de problemas A7 B1 C3 C6 Avaliación contínua mediante o seguimento do alumno/a nas clases e titorías, valorando a comprensión que o alumno/a adquire da materia. Avaliación dun exercicio feito a mediados do cuadrimestre. Avaliación da presentación oral. 20
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados. 

As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. 

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

A segunda oportunidade rexerase polos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial:

Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación dos laboratorios, que son obrigatorios. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. 

Alumnos/as repetidores:

Os/as alumnos/as repetidores, non acollidos ao plan do 2019 e que faceron as prácticas nun curso académico anterior, poden optar por repetir as prácticas de laboratorio e ser avaliado/a de novo, ou non facelas e manter a puntuación que tiña do ano en que has realizou. 

Podrán facer a avaliación continua cos/as alumnos/as de novo ingreso ou optar a que a proba obxectiva escrita supoña o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación dos laboratorios, que son obrigatorios. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. 

Para todos/as alumnos/as, a segunda oportunidade rexerase polos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes