Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros trabalhos afins propostos. Se farán sesión presenciais e online. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C4 C6 Se fará unha proba obxectiva na convocatoria oficial de xaneiro e outra en xuño/xullo para aqueles estudantes que non superaron a materia na primeira oporunidade 60
Proba de resposta múltiple A7 B1 B4 C3 C6 Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos tanto teóricos cómo prácticos da materia . Os test poderán ser sustituidos pola resolución de exercicios curtos 30
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.

As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia.

Deberá obter unha calificación dun 50% nas prácticas de laboratorio. Na proba obxetiva e no total das probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados, deberá ter un mínimo dun 33% para poder aprobar a materia en cada unha das probas obxectivas e do total das probas de resposta múltiple.

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial:

Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúnen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 80% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do laboratorio, que é obrigatorio. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. No caso de non poder facer as prácticas presencialmente deberá poñerse en contacto con profesores no mes de setembro.

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as repetidores:

Os/as alumnos/as repetidores que faceron as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por escrito, no mes de setembro,  a fácerlas de novo e optar a mantel a puntuación do curso 2021-22.

Segunda Oportunidade:

A proba objetiva abarcará todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O estudante debera obter un mínimo de 33% da nota da proba. Se manteñen as calificación obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das prácticas do laboratorio.

En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos.

A realización fraudulenta ds probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0", invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a segunda oportunidade. O profesorado podrá facer os trámites que considers oportunos en caso de sospeita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes