Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Estatística
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística Código 770G02008
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Profesorado
González Rueda, Ángel Manuel
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
angel.manuel.rueda@udc.es
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/770G01V01/770G01008/2020
Descrición xeral Preténdese proporcionar ao estudante os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro en Enxeñaría Eléctrica. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e aos métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formais. Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos: 1. Completar os coñecementos previos do estudante sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.). 2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables. 3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.). 4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral, Solución de problemas e Prácticas a través de TIC serán impartidas por teledocencia (Teams). A Proba Obxectiva e a Proba de resposta múltiple realizaranse de modo non presencial por Moodle. A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de matriculados na asignatura non permita garantizar as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Atenderanse as consultas do alumnado por correo electrónico dous días por semana. Se fose necesario poderanse facer titorías individuais por Teams concertándoas previamente por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Ningunha. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes