Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Fundamentos de Electricidade
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Reforzar, simular e convalidar os coñecementos teóricos nas aplicacións prácticas de lousa e de laboratorio. Manexar adecuadamente aparellos de medida, realizar montaxes de circuítos e medicións. Documentar cada práctica con: esquemas, características de elementos e equipos de medida, condicións de ensaio, rangos e táboas de medidas. Fomentar o traballo en grupo. É dicir, o resultado de aprendizaxe: "Coñece e comprende os fundamentos da teoría de circuítos e das máquinas eléctricas e ten habilidade para aplicalos á análise de problemas sinxelos.", indicados na memoria de verificación están contemplados neste apartado.
Saiba seleccionar o método máis adecuado que modelice matematicamente o circuíto lineal, ante os distintos tipos de excitación, para o cálculo de tensións e correntes. Realice o balance enerxético no circuíto, calcule consumos e determine rendementos. Analice os resultados e obteña conclusións. Saiba indicar magnitudes eléctricas, elementos e equipos de medida no esquema do circuíto. No caso de traballar en alterna, acompañar a solución con diagramas fasoriales. Empregar a nomenclatura adecuada no circuíto. Saiba e analice o principio de funcionamento das máquinas electricas, coñeza os esquemas que as representan no circuíto, calcule tensións, correntes, consumos e determine rendementos. É dicir, o resultado de aprendizaxe: "Coñece e comprende os fundamentos da teoría de circuítos e das máquinas eléctricas e ten habilidade para aplicalos á análise de problemas sinxelos.", indicados na memoria de verificación están contemplados neste apartado.
NOTA: Realmente non son competencias, senón coñecementos e destrezas. Que o alumno coñeza e comprenda o comportamento real e ideal dos elementos, das máquinas eléctricas e equipos de medida básicos do circuíto ante diversos tipos de excitacións, as bases do funcionamento das máquinas electricas, así como os métodos de análises, métodos de cálculo empregados na análise de circuítos e réximes de funcionamento. É dicir, o resultado de aprendizaxe: "Coñece e utiliza os principios da teoría de circuítos e das máquinas eléctricas.", indicados na memoria de verificación están contemplados neste apartado.
Coñece os fundamentos da teoría de circuitos y das máquinas eléctricas. A15
B1
B4
B5
C5
C6
C7
Comprende os principios da teoría de circuitos y das máquinas eléctricas e teñe habilidade para aplicarlos ao análise dos problemas sinxelos dos circuitos eléctricos e das máquinas eléctricas. A15
B1
B4
B5
C5
C6
C7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes